Queridos alumnos e alumnas, xa que estes días toca quedar na
casa enviei unha serie de actividades para que vaiades facendo tal e como se
estiveramos na escola. Irei colgando recursos novos no noso blog de aula para
que non esquezades todo o aprendido e mesmo aprendades cousas novas. Agora toca
facer escola en casa, pero tamén axudar un pouquiño aos nosos, ler, compartir
tempo en familia...
Un agradecemento especial para todos os adultos que hoxe estades
facendo tamén de profes a pesar das vosas obrigas.
Vémonos prontiño. Unha aperta moi grande para todos.
A profe Malena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario