Ola a tod@s:
Hoxe, repasando a tarefa que vos enviei, atopei un erro no cadro "El número decimal de hoy es...". No apartado en que debedes escribilo con letra de tres formas diferentes poño un exemplo debaixo co número 12,07; pois ben, podemos escribilo como 12 unidades e 7 centésimas ou 120 décimas e 7 centésimas (aquí está o erro xa que puxen 127 d e 7 c) ou 1.207 centésimas. Cabeciña, cabeciña...
Seguimos traballando...
Ningún comentario:
Publicar un comentario