luns, 30 de marzo de 2020

A ALIMENTACIÓN

Pulsad en la imagen y luego escoged en las pestañas que aparecen arriba la opción de desayuno, comida, merienda o cena... y a pensar.


venres, 27 de marzo de 2020

A HIDROSFERA E A XEOSFERA

Por se necesitades un pouquiño máis de información sobre estes contidos de Soci... Premede na imaxe.


O CICLO DA AUGA

Premede na imaxe para ver o vídeo que vos axudará a facer a tarefa de Soci do venres, 3 de abril.


xoves, 26 de marzo de 2020

DECIMALES III

Hola chic@s, de esta nos hacemos auténticos expertos en decimales. La verdad es que estos ejercicios no son nada fáciles. A ver quien es capaz de hacerlos todos... Primero leed atentamente las instrucciones que aparecen al pinchar sobre la imagen.


mércores, 25 de marzo de 2020

martes, 24 de marzo de 2020

domingo, 22 de marzo de 2020

AVISO

Ola a tod@s:
Só decirvos que miredes as tarefas para esta semana que entra porque modifiquei algunhas cousiñas. Tamén mando as da semana pasada corrixidas para que poidades comprobar como as fixestes.
Ao premer na pestana de 3º aparece "CORRECCIÓN TAREFAS 3º PRIMARIA E TAREFAS 2ª SEMANA. DO 23 AO 27 DE MARZO", son estas as que debedes facer.
Deixo aquí o enlace  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipparrocodoncamilo/?q=taxonomy/term/76


mércores, 18 de marzo de 2020

DECIMALES y LECTURA

Ola de novo a tod@s,
Xa que temos por diante unha longa ponte, deixo traballiño para facernos auténticos expertos en números decimais. Cando voltemos á escola imos facer un xogo chamado "O campión dos decimais"para ver como dominamos o tema.
A continuación tedes unha lecturiña para seguir adiante coa lingua.
Seguimos aprendendo!






Premede na imaxe, lede a historia e clicade en actividades en liña para poder facelas.



martes, 17 de marzo de 2020

DETERMINANTES


ERRO NUN EXEMPLO DUNHA TAREFA

Ola a tod@s:
Hoxe, repasando a tarefa que vos enviei, atopei un erro no cadro "El número decimal de hoy es...". No apartado en que debedes escribilo con letra de tres formas diferentes poño un exemplo debaixo co número 12,07; pois ben, podemos escribilo como 12 unidades e 7 centésimas ou 120 décimas e 7 centésimas (aquí está o erro xa que puxen 127 d e 7 c) ou 1.207 centésimas. Cabeciña, cabeciña...
Seguimos traballando...

luns, 16 de marzo de 2020

SEGUIMOS TRABALLANDO


Queridos alumnos e alumnas, xa que estes días toca quedar na casa enviei unha serie de actividades para que vaiades facendo tal e como se estiveramos na escola. Irei colgando recursos novos no noso blog de aula para que non esquezades todo o aprendido e mesmo aprendades cousas novas. Agora toca facer escola en casa, pero tamén axudar un pouquiño aos nosos, ler, compartir tempo en familia...
Un agradecemento especial para todos os adultos que hoxe estades facendo tamén de profes a pesar das vosas obrigas.
Vémonos prontiño. Unha aperta moi grande para todos.
A profe Malena.